Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta froita

Horta 13 de Abril

Imaxe
Este é o momento de grande actividade na horta. Nas últimas semanas estivemos plantando moitas verduras, preparando as árbores, coidando o terreo para botar o millo e as fabas, reparando o cerrado para que non veña o jabalí ou os cans estropear o traballo,... Maceiras en flor Abellón libando Máis bichería traballando Co calor e sol teñen moita facenda, coma os agricultores Flores da cerdeira uns regos de patacas, naceron ben espárragos Os xornaleiros plantando un pouco máis de cebolo. As rachas de carballo secando ao sol. Croquis coas diferentes verduras. As maceiras teñen moita flor, e as cerdeiras preséntanse ben (a ver si deixan algo os paxaros!!) pero o pexegueiro está ate os topes de pexeguiños pequenos (a metade caeranlle como é loxico) e probablemente este sexa ano de froito de pedra

24 de abril. Horta

Imaxe
Estas son as patacas monalisa que plantamos o día 7 de marzo . E estas as ceboletas e allos. Tamén se ven os chícharos e o semillero coa lechuga (tapado). As flores de unha das pereiras.

Comeremos cereixas?

Imaxe
Un par de fotos de cómo van as cerdeiras este ano. Teñen só dous anos plantadas e o ano pasado non chegaron a lograr as cereixas, mais este ano semella que algunha si comeremos delas. Xa as cubrimos cunha rede fina para os paxaros. E este é o rego de patacas que está no bancal. Xa miramos e teñen unhas patacas xeitosas :D onde tamén se ve os allos, un pouco tristes, e cebolas blancas. Finalmente merecen foto tamén as mazeiras cheas de flores. Da gusto ver as abellas (e similares) traballando nelas.

Tartaleta de froitos macerados

Imaxe
Tartaleta de Froitos Postre moi agradable pois mezcla a textura do bizcoito da base cos diferentes sabores da froita que vas pillando de arriba. Visto en Las Tentaciones de Eva (Eva Arguiñano). Ingredientes Froitas mazá pera pexego en almíbar ananá (mellor natural) mantequilla  sucre Base de bizcoito améndoas 20gr. picadas noces 20gr. picadas miúdas 2 ovos 2 culleradas de sucre 20gr. de fariña integral de trigo 1 punta de "royal" sal Elaboración Bater os ovos e o sucre ate que suban e blanqueen. Espolvorexar co baruto (coador) as fariñas e os froitos secos e misturar coa man para que os ovos non baixen. Botar nun papel do forno e repartilo coa espátula e deixandoo non moi gordo. Cocélo durante uns 7 ou 10 minutos a uns 180º. Nunha tixola fundimos a mentequilla e sen esperar a que derrita de todo botamos a froita limpa, pelada (se fose o caso) e picada. Botarlle o sucre e "saltear" a lume medio vivo ate que collan tono brilante ...