Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta touciño

Broa con pasas e Cocido para o domingo

Imaxe
Os días xa son moi curtos e o frío e a choiva cada vez arrímanse máis. Así que un bo cocido axuda a espantar a friaxe. Con pan e viño, faise o camiño. O pesuño do porco estaba boísmo :D  O tamaño da ración é xeneroso nesta pousada. Na foto de arriba vese o anaco de broa (pan de millo), en esta ocasión con uvas pasas . Aquí en detalle Broa (pan de millo) Nótense as pasas. Nótese tamén a berza na base. Nótese a cor por estar ben cocida e cómo escachou a codia. ***************** Para rematar, dicir que recollemos os kiwis antes de que chovese moito (ver entradas antigas da bitácora) e foi un bo ano. Pillamos máis kiwis que patacas :P Moitos aínda están un pouco duros para comer, pero según van madurando iremos comendo e durannos moitas semanas.

Fungallas - Receita tradicional

Imaxe
Fungallas Esta receita é un exemplo de pragmatismo e optimización dos (escasos) recursos cos que de cotío se atopaban en moitas casas galegas. Tiñas broa , probablemente dura de varios días, e con sorte unha tira de touciño . E nada máis! O resultado era unha comida potente , de alto valor enerxético e saciante. 1. Cortamos o touciño ou panceta en anaquiños pequenos e ímolos facendo nunha tixola a lume vivo para que solten a graxa que precisaremos despóis. 2. Collemos un anaco de broa e quitámoslle a berza da base, se a ten, ou o papel 3. Esperamos a que o touciño colla cor e solte a graxa 4. Esfariñamos a broa enrriba do touciño, sen baixar o lume. 5. Remexemos enérxicamente para ir mesturando e que non se pegue a tixola 6. Se vemos que a mistura é moi seca engadímoslle un pouco de aceita de oliva virxe extra 7. Non debe quedar enchoupado, pero tampouco seco. 8. A comer!