Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta chocolate

Tarta de mascarpone, chocolate e fresas.

Imaxe
Tarta de mascarpone, chocolate e fresas. Ver a receita de Frabisa  aqui, foi de donde intentei seguir os pasos para a miña tarta. Esta tarta é un pouco laboriosa (cal non!?) sobre todo si fas ti mesma o queixo mascarpone. Intentei seguir a receita do xeito máis exacto posible e só cambiei a decoración. Quedoume moi bonita! Tarta. A falta de frambuesas... boas son fresas e unha poliña de menta. E sabrosa! O queixo mascarpone quedou cremoso e suave. O borde co marmelo de laranxa e améndoa picada ten un sabor lixeiramente acedo que contrasta moi ben co chocolate e o queixo. Aquí vense as partes da tarta Esta receita hai que gardala! :D Copio e pego da web de Frabisa Ingredientes (molde de 24 cm.) Para la masa de galletas –  300 gr. de galletas (tipo, María o Digestive) – 80 gr. de mantequilla – 50 gr. de chocolate (*) Para el relleno – 500 gr. de mascarpone – 100 gr. de nata – 4 huevos – Ralladura de un limón – 1 yogur sin...

Tarta Mousse de Castañas

Imaxe
Tarta mousse de castañas O xoves pasado os Larpeiros da TVG fixeron esta tarta de castañas e eu adapteina un pouco ao meu gusto e aos ingredientes dispoñibles. No seu facebook está dispoñible . Pero aquí vai a miña tarta. Copio e pego os ingredientes : Para a base: Masa quebrada 250gr de fariña 25gr de améndoa moida ( diferencia ) 160g de manteiga 1 ovo ( diferencia , so a xema) 1/2 cullerada pequena de sal 75g de azucre moído Para a crema de castañas:   500g de castañas cocidas en leite 4 ovos 150g de azucre  150ml de nata 35% m.g. 150g de requeixo 1 chorriño de licor de castañas, eu boteille coñac 1 cullerada sopeira de cacao en pó, que os Larpeiros non llo botaron por enriba adornando. a torta xa rematada e fría (do tempo) espolvorexamos o cacao aquí vese a base, a mousse de castaña e o cacao lista para ... ...comer! :D

Crema de Queixo e Crema de Limón en vasiños

Imaxe
Crema de Queixo e Crema de Limón en vasiños Tras ver a receita de este postre en Las Recetas fáciles de María.  Fíxen o experimento :D Tres vasiños con chiculate raiado É un postre "contundente", así que non hai que pasarse coas cantidades, pero está riquíssssimo e fresquiño do refrixerador é moi apetitoso. Combina moi ben a crema de limón co doce da de queixo.

Copa marmelo e mascarpone

Imaxe
Copa de mascarpone e marmelos de tempada (amoras e morotes) A estas alturas de setembro xa está rematando a que foi unha tempada ben boa de moras silvestres. Pola zona non escasean as silveiras (:P), así que en cuestión dun par de días puidemos facer uns cuantos botes de marmelo de moras: moras silvestres limpas, azucre, zume de limón e paciencia para macerar, cocer e pasar polo "chino" para quitar as sementes... e digo paciencia para non comer as moras todas antes!! Tamén quedan ainda morotes e algúns amorodos, así que aproveitamos para facer algo de marmelo con eles tamén (co mesmo procedemento). Unha vez disponible o marmelo, imos ao tema, esta copa, que é moi moi sinxela de preparar. Dificultade: baixa Calorías: metralla pura Sabroso: moito   Ingredientes: marmelo de amora marmelo de amorodos unha tarrina de mascarpone (ou requeixo ou similar, no seu defecto, aínda que a textura cremosa do mascarpone non che é comparable!) un bote pequeno (200ml) de ...

Barriñas enerxéticas caseiras

Imaxe
RECEITA PARA BARRIÑAS ENERXETICAS Ingredientes: Un vaso grande de copos de avea Unha cullerada e media de salvado de trigo Un par de culleradas de fariña de amendoas 6/8 avelás naturais 6/8 noces naturais 6 orellóns de albaricoque 12 uvas pasas de Malaga 3 culleradas sopeiras de mel 1 cullerada sopeira de azucre integral de cana 50 gramos de manteiga 1 culleradiña de canela Preparacion: Cascar e picar as noces e mais as avelás, os orellóns e as uvas pasas. Mesturar todos os ingredientes secos, menos o azucre e a manteiga, e que queden ben mesturados. Nun cazo poñer ao lume o mel co azucre e mais a manteiga ata que estea o azucre ben derretido. Botar isto sobre a mistura seca e homoxeneizar ata conseguir unha pasta. Estender nun molde cuberto con papel de forno.   Opcional : cobertura de chocolate : poñer nun cazo 50/70 gramos de chocolate negro cun par de culleradiñas de leite. Fundilo ata que estea completamente derretido e verter sobre a masa con xeito....

Tarta de queixo e chocolate

Imaxe
Visto en Canal Cocina Cociñeira: Lorraine Pascale Ver a receita na web de Canal Cocina Así me quedou a min. A base é con bizcoito borracho e non con galleta.