Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta masa quebrada

Tarta Mousse de Castañas

Imaxe
Tarta mousse de castañas O xoves pasado os Larpeiros da TVG fixeron esta tarta de castañas e eu adapteina un pouco ao meu gusto e aos ingredientes dispoñibles. No seu facebook está dispoñible . Pero aquí vai a miña tarta. Copio e pego os ingredientes : Para a base: Masa quebrada 250gr de fariña 25gr de améndoa moida ( diferencia ) 160g de manteiga 1 ovo ( diferencia , so a xema) 1/2 cullerada pequena de sal 75g de azucre moído Para a crema de castañas:   500g de castañas cocidas en leite 4 ovos 150g de azucre  150ml de nata 35% m.g. 150g de requeixo 1 chorriño de licor de castañas, eu boteille coñac 1 cullerada sopeira de cacao en pó, que os Larpeiros non llo botaron por enriba adornando. a torta xa rematada e fría (do tempo) espolvorexamos o cacao aquí vese a base, a mousse de castaña e o cacao lista para ... ...comer! :D

Tarta de pexegos e crema pasteleira

Imaxe
Tarta pexegos e crema É unha tarta de base de masa quebrada e unha capa de crema pasteleira con froitas enrriba. Ingredientes Masa quebrada 200gr fariña 100gr manteiga 25gr fariña de améndoa 1 ovo 1 chisco de sal Preparación (masa quebrada): Nun bol poñemos a fariña, a fariña de améndoa, a manteiga (fría) e sal e refregamos ate que quede moido como area. A continuación botámoslle o ovo un pouco batido e se precisa auga engadirlla ate que faga unha masa que non se traballa. Facer unha bola coa masa, envolvela en plástico transparente e metela no refrixerador durante unha hora. Crema pasteleira 600ml leite 4 ovos 1 cullerada (de comer) de sucre 40gr de fariña 30gr de maicena Froita pexego en lonchas framboesas marmelo (de albaricoque) Estiramos a masa quebrada e extendémola nun molde duns 22cm e ao forno a 180º ate que está lixeiramente dourada (40’ aprox.). Deixamos que enfríe a base e a crema pasteleira (moi importante que estén frías) e e...