Tarta de pexegos e crema pasteleira

Tarta pexegos e crema

É unha tarta de base de masa quebrada e unha capa de crema pasteleira con froitas enrriba.

Ingredientes

Masa quebrada


  • 200gr fariña
  • 100gr manteiga
  • 25gr fariña de améndoa
  • 1 ovo
  • 1 chisco de sal

Preparación

(masa quebrada):

Nun bol poñemos a fariña, a fariña de améndoa, a manteiga (fría) e sal e refregamos ate que quede moido como area. A continuación botámoslle o ovo un pouco batido e se precisa auga engadirlla ate que faga unha masa que non se traballa. Facer unha bola coa masa, envolvela en plástico transparente e metela no refrixerador durante unha hora.

Crema pasteleira

  • 600ml leite
  • 4 ovos
  • 1 cullerada (de comer) de sucre
  • 40gr de fariña
  • 30gr de maicena

Froita


  • pexego en lonchas
  • framboesas
  • marmelo (de albaricoque)


Estiramos a masa quebrada e extendémola nun molde duns 22cm e ao forno a 180º ate que está lixeiramente dourada (40’ aprox.). Deixamos que enfríe a base e a crema pasteleira (moi importante que estén frías) e extendemos a crema sobre a base nunha capa dun grosor dun dedo (ao gusto). Dispoñemos os anaquiños o pexego todo enrredor e as framboesas.

Facemos un sirope con 2/3 culleradas de marmelo de albaricoque e 2/3 culleradas de auga. Pintamos a froita por enrriba (para que non se oxiden) e metemos a tarta no frigorífico durante dúas ou tres horas para que esté ben fría.

Rápido! que xa case non queda :D

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Tarta de chocolate branco, mango e kiwi - Frabisa

Charlota de amorodos - LarpeirosTVG

Novo invernadoiro e enxerto de fatóns