Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta cociña

Cogomelos con brócoli

Imaxe
receita dunha gornición a base de cogomelos que acompaña ao brócoli (que boa falta lle fai 😅) Ingredientes cogomelos variados, ou dos que teñas a man/de oferta (un plato bo deles picados) tona do leite (brick de 200ml) queixo ( tetilla , sansimón, semicurado, o galmesano ese...) cebola aceite de oliva brócoli Preparación Están a venda surtidos de cogomelos variados, pero podes mercar un só tipo que a ti máis che guste (champiñons, pleuroto , shiitake , ....) cogomelos, ao teu gusto surtido de cogomelos , este tipo de bandexas son moi xeitosas para comer varios distintos sen deixar unha fortuna en cogomelos "raros" , que en xeral tampouco son moi bós de atopar, en fresco. Póchalas, xunto cunha pouquiña cebola en xuliana fina, picadas ou non según o teu parecer, nun pouco de aceite de oliva, a lume moderado. Dalle voltas, que non se queimen. Prefiro non darlle allo, porque o sabor é bastante intenso xa co queixo e máis o propio efecto da tona (a graxa dilúe os a...

Cocer pan na casa a partir de lévedo artesán

Imaxe
molete feito a partir do meu lévedo Lévedo caseiro O lévedo preciso para a fermentación da fariña e facer o pan é un organismo vivo , composto por milleiros de microorganismos. Podes mercar lévedo industrial xa preparado ou partir dos elementos básicos para obter o teu propio lévedo , alimentalo, coidalo e utilizalo para cocer o teu propio pan . Tamén se coñece como Masa Nai , pois dela tomaremos parte para elaborar o noso pan e gardaremos outra que seguiremos coidando e tomando parte para facer máis pan. na imaxe vense dous envases de vidro onde comecei o proceso de fermentación Procedemento Ingredientes fariña auga un envase En 2013 escribimos unha entrada no blogue CultivaeCome sobre este tema . Refrescamos a experiencia, xa que estamos confinados e... non perdemos o tempo con outras cousas, eu que sei. A fariña da que partir, en principio, da igual, pero tendo en conta que os "bichiños" que queremos para fermentar masas abundan máis na casca dos...

Torta de abelás - Larpeiros TVG

Imaxe
Torta de abelás (Larpeiros TVG 20/11/2018) En vídeo http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/guiso-de-xoubas-e-torta-de-abelas-con-pexegos Aspecto da "miña" torta. Con cuberta de mazá. Ingredientes e Preparación para masa quebrada, base da torta . 200 gr. fariña pisco de sal 50 gr. de azucre 80 gr. de manteiga 1 ovo vaina de vainilla moi picadiña Peneiramos a fariña nun bol e engádimos a pisca de sal e os 50gr. de azucre. Batemos un ovo e engadímoslle a vainilla miudiña. Finalmente misturamos todo no bol xunto coa manteiga e amasamos cos dedos. Unha vez rematamos é recomendable metela unha media hora no frigorífico a repousar. para crema de abelás 125 gr de azucre 50gr fariña 2 ovos 200 ml leite 125gr abelás raiadura de limón pisquiño de canela para dar aroma ao leite Ponse o leite a lume suave nun cazo cunha pola de canela (só para aroma). Trituramos ben as abelás (tostadas), raiamos o limón. Batemos os dous ovos xunto co azucre. Botamos as abelás ...

Tarta Mousse de Castañas

Imaxe
Tarta mousse de castañas O xoves pasado os Larpeiros da TVG fixeron esta tarta de castañas e eu adapteina un pouco ao meu gusto e aos ingredientes dispoñibles. No seu facebook está dispoñible . Pero aquí vai a miña tarta. Copio e pego os ingredientes : Para a base: Masa quebrada 250gr de fariña 25gr de améndoa moida ( diferencia ) 160g de manteiga 1 ovo ( diferencia , so a xema) 1/2 cullerada pequena de sal 75g de azucre moído Para a crema de castañas:   500g de castañas cocidas en leite 4 ovos 150g de azucre  150ml de nata 35% m.g. 150g de requeixo 1 chorriño de licor de castañas, eu boteille coñac 1 cullerada sopeira de cacao en pó, que os Larpeiros non llo botaron por enriba adornando. a torta xa rematada e fría (do tempo) espolvorexamos o cacao aquí vese a base, a mousse de castaña e o cacao lista para ... ...comer! :D

Fungallas - Receita tradicional

Imaxe
Fungallas Esta receita é un exemplo de pragmatismo e optimización dos (escasos) recursos cos que de cotío se atopaban en moitas casas galegas. Tiñas broa , probablemente dura de varios días, e con sorte unha tira de touciño . E nada máis! O resultado era unha comida potente , de alto valor enerxético e saciante. 1. Cortamos o touciño ou panceta en anaquiños pequenos e ímolos facendo nunha tixola a lume vivo para que solten a graxa que precisaremos despóis. 2. Collemos un anaco de broa e quitámoslle a berza da base, se a ten, ou o papel 3. Esperamos a que o touciño colla cor e solte a graxa 4. Esfariñamos a broa enrriba do touciño, sen baixar o lume. 5. Remexemos enérxicamente para ir mesturando e que non se pegue a tixola 6. Se vemos que a mistura é moi seca engadímoslle un pouco de aceita de oliva virxe extra 7. Non debe quedar enchoupado, pero tampouco seco. 8. A comer! 

Ese forno ...

Imaxe
Pan artesán O forno desta cociña non se pode dicir que estexa desaproveitado e ademáis dalle a todo: empanadas, roscas, galletas, asados, peixes, bizcoitos, flan,... Hoxe estivo toda a mañá cocendo. Clica nas imaxes para velas con detalle. Primeiro pan con fariña de forza, unha pouca de centeo e a integral. e rosquillas teñen un fío de mel por arriba e un chisco de sucre (clica na foto). Igoal xa as puxera, pero este molete e a tarta de queixo tamén tamén da gusto velos (e comelos)..

Barriñas enerxéticas caseiras

Imaxe
RECEITA PARA BARRIÑAS ENERXETICAS Ingredientes: Un vaso grande de copos de avea Unha cullerada e media de salvado de trigo Un par de culleradas de fariña de amendoas 6/8 avelás naturais 6/8 noces naturais 6 orellóns de albaricoque 12 uvas pasas de Malaga 3 culleradas sopeiras de mel 1 cullerada sopeira de azucre integral de cana 50 gramos de manteiga 1 culleradiña de canela Preparacion: Cascar e picar as noces e mais as avelás, os orellóns e as uvas pasas. Mesturar todos os ingredientes secos, menos o azucre e a manteiga, e que queden ben mesturados. Nun cazo poñer ao lume o mel co azucre e mais a manteiga ata que estea o azucre ben derretido. Botar isto sobre a mistura seca e homoxeneizar ata conseguir unha pasta. Estender nun molde cuberto con papel de forno.   Opcional : cobertura de chocolate : poñer nun cazo 50/70 gramos de chocolate negro cun par de culleradiñas de leite. Fundilo ata que estea completamente derretido e verter sobre a masa con xeito....

Filete de pescada con champiñóns

Imaxe
Filete de pescada con guarnición de champiñóns Ingredientes: Filete de pescada Aceite de oliva virxe Pirixel Champiñóns (mellor frescos) Porro (ou cebola) Pemento morrón vermello Allo Sal Preparación: Collemos os filetes de pescada e poñemolos nun plato, pintámolos con un chorriño de aceite de oliva virxe. Salámolos ao gusto e espolvorexamos un pouco pirixel fresco picado finiño. Deixamolos repousar un anaco a temperatura ambiente mentras facemos os champiñóns. Nunha tixola grande (porque os champiñóns encollen, pero bultan moito ao inicio) poñemos un par de culleradas de aceite de oliva e botamos un dente de allo picado en láminas finas, pemento morrón vermello picado en dados pequenos e  un par de minutos despois tamén engadimos  o porro picado  (ou cebola picada moi fina). Deixámolos pochar un pouquiño máis (con lume suave) e engadímoslle os champiñóns limpos, secos e cortados en láminas. Subímoslle o lume e deixamos sen tapar a tixola. Deixamos ...

Rosquillas indecisas

Imaxe
Rosquillas indecisas Visto en "Fogones tradicionales" (canal cocina, 17/02/13) Ingredientes: 1/4 litro largo de aceite de oliva (mellor virxe extra ) 1/4 litro largo de auga 350 gr. de fariña 1 pico de sal (opcional) 7 ovos Moscatel e sucre (para o baño) Preparación: Poñer a auga, o aceite e a pinga de sal todo xunto nunha pota ao lume ate que fervan. Nese intre engadir a fariña de golpe  toda xunta, quitar do lume e rexemer enérxicamente ate que esté ben misturado. Cando esté tépeda a mistura hai que ir engadindo os ovos un a un integrándoos na masa de xeito manual. Feito o anterior, cunha culler fas boliñas coa masa sobre a placa do forno (untada en aceite) ou papel de forno e co dedo untado e aceite fas o buraco central. Meter no forno, que estará moderadamente alto, ate que estén doradas. Deixamos enfríar e bañámolas no moscatel (nun bol)  só polo lado superior un par de segundos; retiramos e deixamos uns segundos a que absorba ese viño ...

Tarta de queixo e chocolate

Imaxe
Visto en Canal Cocina Cociñeira: Lorraine Pascale Ver a receita na web de Canal Cocina Así me quedou a min. A base é con bizcoito borracho e non con galleta.

Rosca e Panetone

Imaxe
Coa mesma masa desta rosca fixen este panetone con pasas, froitas confitadas,... canto estaba morno estaba como para empachar. Editado: xa que gardei a receita para outros mesteres, aproveito e póñoa aquí, que despois das fotos, era o que faltaba. Ingredientes 200 g de manteiga de vaca cocida 5 ovos medianos 6 culleradas soperas de azucre ralladura de limón 25 g de levadura prensada (de panadería, ou 1 sobre de levadura seca) Sal Fariña de forza (se usas outra fariña non sei como sairá): leva cerca de 1 kg, pero varía. Un pouco leite (medio vaso aprox.) Preparación Ca metade da levadura, un pouco leite templado, un pisco de sal e un par de culleradas de fariña, faise un fermento (moi líquido): déixase activar ben a levadura, que espume (media hora ou así). Recoméndase uso de batidora-amasadora de varillas (a do Lidl, moi sencilla,  pode con esta cantidade). No bol da batidora botar os ovos e batelos un pouco (como para tortilla). Eng...

Tarta de marmelo

Imaxe
Tarta de Marmelo.   Vista en Fogones Tradicionales (Canal Cocina) Ingredentes:  masa de pan  aceite de oliva  dous ou tres marmelos  un puño de noces  sucre  fariña  Elaboración:        Facer a masa como para pan, incluso se lle pode botar un ovo para enriquecela, estirala cos dedos e untada con aceite de oliva nunha placa para o forno. Os marmelos, pelados, limpos e en cuñas.       Sobre a masa estirada bótase un pouquiño de aceite de oliva e sucre e por enriba colócanse as cuñas de marmelo. Por enriba repártense unhas noces en anacos.               Espolvoréxase un pouco de fariña polas noces para que non as queime o forno. Bótase por enriba de todo outro pouco de aceite de oliva e sucre. Co forno a 180ºC deixase unha media hora ou ate que estexa dourada. Resultado:  e aquí máis de pret...