Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta pementos

A colleita

Imaxe
a 11 de Agosto de 2018 A nosa horta En esta época do ano recollemos o froito do TRABALLO de tantos meses. Comento, por orde, as fotografías Colleita de cebolas extendidas e ao sol para que acaben de secar e poder enrestralas limpas. Como se plantan en varias semanas tamén se van colleitando durante varias semanas. Enrestrando as cebolas Restras de cebolas. De este xeito pódense colgar nun lugar fresco e ventilado para a súa conservación Detalle dos tomates (co sulfato de cobre) Cribo con #fabas. Puxemos a secar as plantas coas coitelas das fabas e estas xa están limpas e secas para gardar. Consérvanse todo o ano, pero a #fabada con fabas novas está moi rica!!! Tamén lles chamamos #herbellas. "Collóns de fraile", expresivo nome :D para este outro tipo de #cirola, semellante a #claudia (que xa recollemos as que nos deixaron as #nespras) Planta do #cabaciño (#calabacín) #courguette. Non se ven ben, pero colleitámolos con uns 25/30cm de longo pois producen moito e é...

Un par de fotos de hoxe

Imaxe
Xa pronto teremos pementos e tomates e este ano só botamos un par de regos de garbanzos, a ver qué tal saen

Niño do merlo

Imaxe
Un merlo aproveitou uns rastrollos e polas para facer o seu niño. O lugar está moi transitado, polo que debemos dar un rodeo para "non molestar" Merlo, da galipedia Aproveitando que non está na casa fíxenlle unhas fotos ao niño cos catro ovos. O niño fixoo con polas das tuyas, todas trenzadas. Catro ovos no niño. O lugar onde se meteu O peifoque xa marchou, e puidenlle facer unhas fotos ao niño. Fixo o niño no pallal, tamén nun sitio con moito tránsito e accesible. peifoque ( Rubecula familiaris Blyth) Chegaron tamén outros "paxaros", este está a coidar dos amorodos. Non son moitos, pero o marmelo parece que se presenta ben. Os pementos e tomates seguen a medrar e o cebolo é moi bo.

Fotos da horta o 4 de maio

Imaxe
Aquí van unhas fotos de tal como está agora a miña horta. Amorodos Pirixel amorodos moreira flor da moreira Cenorias Cereixas Cereixas Cebolo e leituga Amorodos Amrorodos en flor Espárragos Pirixel, ceboliño e tomiño Pereira Peras