Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta limón

Crema de Queixo e Crema de Limón en vasiños

Imaxe
Crema de Queixo e Crema de Limón en vasiños Tras ver a receita de este postre en Las Recetas fáciles de María.  Fíxen o experimento :D Tres vasiños con chiculate raiado É un postre "contundente", así que non hai que pasarse coas cantidades, pero está riquíssssimo e fresquiño do refrixerador é moi apetitoso. Combina moi ben a crema de limón co doce da de queixo.

Algunha foto de Xaneiro

Imaxe
En esta época do ano comézase a traballar a terra, a preparala para ir plantando as verduras e hortalizas dentro de unhas semanas. Aquí van un par de fotos Os bancales cubertos con folla de carballo seca Están cubertos con folla para protexelos da xeada e que vai abonando a terra. O millo no "hórreo" No pallal da leña puxemos unhas cordas para colgar o millo Un par de enxertos, transplantados para dentro dun ano levalos a outro sitio mellor Se prenden ben os enxertos despóis haberá que buscarlle sitio a estas dúas pereiras. Amorodos, tamén coa folla de carballo Levamos un par de anos tapando as fresas con folla de carballo (tras limpalas ben e quitarlle as follas mortas e a maraña de "fillos" que lle saen) e séntalle moi ben. Quedalle o pe protexido do frío e despóis abona o terreo cara a primavera. Limóns xa maduros Hai uns meses estaba un pouco "triste", pero colleu forza e ten uns limón bonitos Uns par de regos de repolo ...