Entradas

Mostrando entradas de 2020

Semifrío de Amorodo

Imagen
Sobremesa moi saborosa e refrescante. Dificultade : baixa Contido de enerxía : alto Azucre e graxa: ¿qué pode fallar?  :D Ingredientes 300 gr. de tona (nata) 100 gr. de queixo fresco (tipo filadelfia) 200 gr. de marmelada de amorodos (caseira) 50 gr. de azucre (ad libidum) ornamento Preparación Montas a tona co queixo , todo xunto, e cando está a medio montar engádeslle a cantidade de azucre que desexes. Cando xa está montado, engádeslle ao final a marmelada e mestúralo ben. Repártelo nas copas e adórnalas ao teu gusto. Un amorodo sería o propio , pero tamén unha cereixa (na foto), unha poliña de menta, unhas farangullas de chocolate, ... Meter no conxelador 10 minutos antes de servir, non precisa máis.

Cogomelos con brócoli

Imagen
receita dunha gornición a base de cogomelos que acompaña ao brócoli (que boa falta lle fai 😅) Ingredientes cogomelos variados, ou dos que teñas a man/de oferta (un plato bo deles picados) tona do leite (brick de 200ml) queixo ( tetilla , sansimón, semicurado, o galmesano ese...) cebola aceite de oliva brócoli Preparación Están a venda surtidos de cogomelos variados, pero podes mercar un só tipo que a ti máis che guste (champiñons, pleuroto , shiitake , ....) cogomelos, ao teu gusto surtido de cogomelos , este tipo de bandexas son moi xeitosas para comer varios distintos sen deixar unha fortuna en cogomelos "raros" , que en xeral tampouco son moi bós de atopar, en fresco. Póchalas, xunto cunha pouquiña cebola en xuliana fina, picadas ou non según o teu parecer, nun pouco de aceite de oliva, a lume moderado. Dalle voltas, que non se queimen. Prefiro non darlle allo, porque o sabor é bastante intenso xa co queixo e máis o propio efecto da tona (a graxa dilúe os a

Cocer pan na casa a partir de lévedo artesán

Imagen
molete feito a partir do meu lévedo Lévedo caseiro O lévedo preciso para a fermentación da fariña e facer o pan é un organismo vivo , composto por milleiros de microorganismos. Podes mercar lévedo industrial xa preparado ou partir dos elementos básicos para obter o teu propio lévedo , alimentalo, coidalo e utilizalo para cocer o teu propio pan . Tamén se coñece como Masa Nai , pois dela tomaremos parte para elaborar o noso pan e gardaremos outra que seguiremos coidando e tomando parte para facer máis pan. na imaxe vense dous envases de vidro onde comecei o proceso de fermentación Procedemento Ingredientes fariña auga un envase En 2013 escribimos unha entrada no blogue CultivaeCome sobre este tema . Refrescamos a experiencia, xa que estamos confinados e... non perdemos o tempo con outras cousas, eu que sei. A fariña da que partir, en principio, da igual, pero tendo en conta que os "bichiños" que queremos para fermentar masas abundan máis na casca dos

Tarta de chocolate branco, mango e kiwi - Frabisa

Imagen
Tarta de chocolate branco, mango e kiwi   por Frabisa, na Voz de Galicia: Tarta de chocolate blanco, mango y fresas. a miña tarta Eu fixen a mesma tarta, pero cambiando os amorodos por kiwis. Copio e pego da fonte. Ingredientes Base 150 g galletas + 60 g mantequilla Relleno 500g. de nata 35% materia grasa (crema de leche) 200 g. chocolate blanco 160 g. queso crema 200 g leche 40 g azúcar 1 sobre y medio de cuajada (o 6 hojas de gelatina (2 g c/u) 8 fresas y alguna más para el emplatado Gelatina de Mango 1 mango en su punto justo de madurez 50 g. de agua 3 hojas de gelatina (2 gr c/u) 60 ml de zumo limon 80 g azúcar 13 g maizena + 1 cucharada de agua Filigranas de Chocolate blanco 50 g. de chocolate blanco Preparación  Base de galletas Tritura las galletas y mézclalas con la mantequilla diluida o en pomada, forra con papel vegetal el molde y cubre el fondo. Puedes triturarlas en robot o introducirlas en una bolsa

Biscoito de castañas - Larpeiros TVG

Biscoito de castañas - Larpeiros TVG Fonte : Larpeiros-TVG, 4 de Nadal 2018 Ingredientes 250 gr fariña trigo 150 gr fariña castaña 1 sobre lévedo 1/2 cullerada bicarbonato 200 manteiga 200 azucre 1 vaso pequeno licor castañas en sirope (confitadas?) pedriñas de chocholate 5 ovos 1,5 litros de leite enteiro 200 gr. de castañas enteiras peladas Preparación Poñemos nun cazo grande o leite ao lume e cocemos as castañas peladas durante unha hora aproximadamente . Un vaso do leite de cocer apartámolo para o biscoito, pois terá o gusto das castañas. Espelexamos as castañas cocidas, picámolas ben e reservámolas. Podemos ir poñendo o forno a 180º para que vaia quencendo e tamén untar o molde desmontable con manteiga e enfariñalo. Nun bol bater manteiga e o azucre (200gr. cada un) para empomar a manteiga , e cando xa están ben misturados ímoslle engadindo os cinco ovos , un a un. Agora ven a fariña de trigo, o bicarbonato e o lévedo. Todo peneirado ben miudiño e