Entradas

Mostrando entradas de 2012

Tarta de marmelo

Imagen
Tarta de Marmelo.   Vista en Fogones Tradicionales (Canal Cocina) Ingredentes:  masa de pan  aceite de oliva  dous ou tres marmelos  un puño de noces  sucre  fariña  Elaboración:        Facer a masa como para pan, incluso se lle pode botar un ovo para enriquecela, estirala cos dedos e untada con aceite de oliva nunha placa para o forno. Os marmelos, pelados, limpos e en cuñas.       Sobre a masa estirada bótase un pouquiño de aceite de oliva e sucre e por enriba colócanse as cuñas de marmelo. Por enriba repártense unhas noces en anacos.               Espolvoréxase un pouco de fariña polas noces para que non as queime o forno. Bótase por enriba de todo outro pouco de aceite de oliva e sucre. Co forno a 180ºC deixase unha media hora ou ate que estexa dourada. Resultado:  e aquí máis de preto non está queimada ainda que o parecese na foto. Ñam!

Tartaleta de froitos macerados

Imagen
Tartaleta de Froitos Postre moi agradable pois mezcla a textura do bizcoito da base cos diferentes sabores da froita que vas pillando de arriba. Visto en Las Tentaciones de Eva (Eva Arguiñano). Ingredientes Froitas mazá pera pexego en almíbar ananá (mellor natural) mantequilla  sucre Base de bizcoito améndoas 20gr. picadas noces 20gr. picadas miúdas 2 ovos 2 culleradas de sucre 20gr. de fariña integral de trigo 1 punta de "royal" sal Elaboración Bater os ovos e o sucre ate que suban e blanqueen. Espolvorexar co baruto (coador) as fariñas e os froitos secos e misturar coa man para que os ovos non baixen. Botar nun papel do forno e repartilo coa espátula e deixandoo non moi gordo. Cocélo durante uns 7 ou 10 minutos a uns 180º. Nunha tixola fundimos a mentequilla e sen esperar a que derrita de todo botamos a froita limpa, pelada (se fose o caso) e picada. Botarlle o sucre e "saltear" a lume medio vivo ate que collan tono brilante