Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta cerdeiras

Horta 13 de Abril

Imaxe
Este é o momento de grande actividade na horta. Nas últimas semanas estivemos plantando moitas verduras, preparando as árbores, coidando o terreo para botar o millo e as fabas, reparando o cerrado para que non veña o jabalí ou os cans estropear o traballo,... Maceiras en flor Abellón libando Máis bichería traballando Co calor e sol teñen moita facenda, coma os agricultores Flores da cerdeira uns regos de patacas, naceron ben espárragos Os xornaleiros plantando un pouco máis de cebolo. As rachas de carballo secando ao sol. Croquis coas diferentes verduras. As maceiras teñen moita flor, e as cerdeiras preséntanse ben (a ver si deixan algo os paxaros!!) pero o pexegueiro está ate os topes de pexeguiños pequenos (a metade caeranlle como é loxico) e probablemente este sexa ano de froito de pedra

Fotos da horta Marzo/Abril

Imaxe
Ahí van unhas fotos das últimas semanas. Non hai moito que ver pero empezan a agromar as plantas e froiteiras. Ameixeiro e pexegueiro Plantando cebolo, arriba ceboletas e allos A cerdeira do Jerte agromando Enxerto na kiweira Enxerto na maceira Os primeiros espárragos Pereira   E unhas boas achas

Comeremos cereixas?

Imaxe
Un par de fotos de cómo van as cerdeiras este ano. Teñen só dous anos plantadas e o ano pasado non chegaron a lograr as cereixas, mais este ano semella que algunha si comeremos delas. Xa as cubrimos cunha rede fina para os paxaros. E este é o rego de patacas que está no bancal. Xa miramos e teñen unhas patacas xeitosas :D onde tamén se ve os allos, un pouco tristes, e cebolas blancas. Finalmente merecen foto tamén as mazeiras cheas de flores. Da gusto ver as abellas (e similares) traballando nelas.