Este é o momento de grande actividade na horta. Nas últimas semanas estivemos plantando moitas verduras, preparando as árbores, coidando o terreo para botar o millo e as fabas, reparando o cerrado para que non veña o jabalí ou os cans estropear o traballo,...
 |
Maceiras en flor |
 |
Abellón libando |
 |
Máis bichería traballando |
 |
Co calor e sol teñen moita facenda, coma os agricultores
|
 |
Flores da cerdeira |
 |
uns regos de patacas, naceron ben |
 |
espárragos |
 |
Os xornaleiros plantando un pouco máis de cebolo. As rachas de carballo secando ao sol. |
 |
Croquis coas diferentes verduras. |
As maceiras teñen moita flor, e as cerdeiras preséntanse ben (a ver si deixan algo os paxaros!!) pero o pexegueiro está ate os topes de pexeguiños pequenos (a metade caeranlle como é loxico) e probablemente este sexa ano de froito de pedra
Comentarios