Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta pan

Cocer pan na casa a partir de lévedo artesán

Imaxe
molete feito a partir do meu lévedo Lévedo caseiro O lévedo preciso para a fermentación da fariña e facer o pan é un organismo vivo , composto por milleiros de microorganismos. Podes mercar lévedo industrial xa preparado ou partir dos elementos básicos para obter o teu propio lévedo , alimentalo, coidalo e utilizalo para cocer o teu propio pan . Tamén se coñece como Masa Nai , pois dela tomaremos parte para elaborar o noso pan e gardaremos outra que seguiremos coidando e tomando parte para facer máis pan. na imaxe vense dous envases de vidro onde comecei o proceso de fermentación Procedemento Ingredientes fariña auga un envase En 2013 escribimos unha entrada no blogue CultivaeCome sobre este tema . Refrescamos a experiencia, xa que estamos confinados e... non perdemos o tempo con outras cousas, eu que sei. A fariña da que partir, en principio, da igual, pero tendo en conta que os "bichiños" que queremos para fermentar masas abundan máis na casca dos...

Flan con leite de coco

Imaxe
Flan con leite de coco A textura é un pouco máis densa, máis compacta, pero non dura. O sabor é igual de suave pero con un aroma un pouco distinto, a coco :D Tamén pan.  Hai que collerlle o punto ao forno.

Broa con pasas e Cocido para o domingo

Imaxe
Os días xa son moi curtos e o frío e a choiva cada vez arrímanse máis. Así que un bo cocido axuda a espantar a friaxe. Con pan e viño, faise o camiño. O pesuño do porco estaba boísmo :D  O tamaño da ración é xeneroso nesta pousada. Na foto de arriba vese o anaco de broa (pan de millo), en esta ocasión con uvas pasas . Aquí en detalle Broa (pan de millo) Nótense as pasas. Nótese tamén a berza na base. Nótese a cor por estar ben cocida e cómo escachou a codia. ***************** Para rematar, dicir que recollemos os kiwis antes de que chovese moito (ver entradas antigas da bitácora) e foi un bo ano. Pillamos máis kiwis que patacas :P Moitos aínda están un pouco duros para comer, pero según van madurando iremos comendo e durannos moitas semanas.

Ese forno ...

Imaxe
Pan artesán O forno desta cociña non se pode dicir que estexa desaproveitado e ademáis dalle a todo: empanadas, roscas, galletas, asados, peixes, bizcoitos, flan,... Hoxe estivo toda a mañá cocendo. Clica nas imaxes para velas con detalle. Primeiro pan con fariña de forza, unha pouca de centeo e a integral. e rosquillas teñen un fío de mel por arriba e un chisco de sucre (clica na foto). Igoal xa as puxera, pero este molete e a tarta de queixo tamén tamén da gusto velos (e comelos)..

Pan de cabaza, con noces e castañas (Pumpkin bread)

Imaxe
PAN DE CABAZA Inspirado na receita de Dan Lepard,  vista en http://www.theguardian.com/lifeandstyle/2013/aug/23/pumpkin-whey-bread-recipe-dan-lepard?INTCMP=ILCNETTXT3487, e tendo en conta que había que buscarlle xeito a unha cabaza de 20 kg, tocoulle a unha proba-experimento de engadir puré de cabaza a unha masa de pan. Os ingredientes son fariña de trigo de forza, soro de leite, puré de cabaza e sal, e un pouco aceite de oliva. Para aproveitar o que abunda de tempada estes días, tamén lle botei ao final unhas noces do país e unhas castañas asadas, picadas, polo medio. A fariña de trigo é convencional, de forza, e usei aproximadamente 1kg. O soro de leite é o que recollo ao escurrir durante 24 horas os iogures caseiros (o iogur queda máis cremoso, case coma un grego ou queixo-crema, e o soro ten despois múltiples aplicacións, sendo un concentrado de minerais e probióticos). O puré de cabaza, do que usei uns 300 g, é simplemente cabaza cocida, feita puré e escurrida, para q...

PAN CASEIRO DE "MASA MADRE"

Imaxe
Pan de trigo sen levadura de panadeiro Ultimamente estou facendo probas e experimentos na casa cos fermentados. Nesta ocasión, e como estreno do que igual acaba sendo unha serie de publicacións, vouvos presentar os resultados dun pan 100% caseiro, feito con fariña de trigo "do país", de Lentura (Asociación de produtores de Dodro, Rois, Ames, Brión). A cousa é moi doada: fariña, auga e algo de tempo. Falando disto na casa, describíronme como adoitaban facer o pan nas casas tradicionalmente. Despois de cada amasada, recollían as raspas da artesa, os restos de masa que podían quedar pegados, facían un boliño e deixábano gardado nun currucho da propia artesa para que fose o fermento da amasada seguinte. Adoitaban cocer unha vez á semana, como moito, así que ese bolo quedaba alí latente, e sen facerlle máis nada.  O procedemento que estou a seguir agora é algo diferente: a mestura inicial de fariña e agua, coa que se comeza a preparar o fermento, é máis líquida que a...