Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta forno

Cocer pan na casa a partir de lévedo artesán

Imaxe
molete feito a partir do meu lévedo Lévedo caseiro O lévedo preciso para a fermentación da fariña e facer o pan é un organismo vivo , composto por milleiros de microorganismos. Podes mercar lévedo industrial xa preparado ou partir dos elementos básicos para obter o teu propio lévedo , alimentalo, coidalo e utilizalo para cocer o teu propio pan . Tamén se coñece como Masa Nai , pois dela tomaremos parte para elaborar o noso pan e gardaremos outra que seguiremos coidando e tomando parte para facer máis pan. na imaxe vense dous envases de vidro onde comecei o proceso de fermentación Procedemento Ingredientes fariña auga un envase En 2013 escribimos unha entrada no blogue CultivaeCome sobre este tema . Refrescamos a experiencia, xa que estamos confinados e... non perdemos o tempo con outras cousas, eu que sei. A fariña da que partir, en principio, da igual, pero tendo en conta que os "bichiños" que queremos para fermentar masas abundan máis na casca dos...

Secando figos

Imaxe
Agora que chegou a chuvia e algo de frío, quitamos os poucos figos que aínda quedaban na figueira para intentar secalos e conservalos unhas semanas máis. Secado Córteinos pola metade e metinos no forno da cociña de ferro . Como en esta época do ano está acendida moitas horas aproveitase así tamén o calor para secar "cousas". O millo, figos, ... Figos secando no forno Pódelos secar nun forno eléctrico , poñendo unha temperatura suave (uns 80-100ºC) e deixalos durante horas ata que están secos. Enfariñado Pasados tres ou catro días (depende do lume que fagamos), cando xa se ven con un aspecto similar ao que teñen os que che venden nas tendas (encollen e enrrugan), metinos nunha bolsa e a través dun coador (para que non faga grumos) boteille un par de culleradas de fariña. Espolvorexeille ben e despois axitei-sansaniquei a bolsa para que a fariña se pegase ben ao figo. Tras varios días secando e pasalos por fariña Están moi ricos. Hai quen dí que mellor que fre...

Flan con leite de coco

Imaxe
Flan con leite de coco A textura é un pouco máis densa, máis compacta, pero non dura. O sabor é igual de suave pero con un aroma un pouco distinto, a coco :D Tamén pan.  Hai que collerlle o punto ao forno.

Broa con pasas e Cocido para o domingo

Imaxe
Os días xa son moi curtos e o frío e a choiva cada vez arrímanse máis. Así que un bo cocido axuda a espantar a friaxe. Con pan e viño, faise o camiño. O pesuño do porco estaba boísmo :D  O tamaño da ración é xeneroso nesta pousada. Na foto de arriba vese o anaco de broa (pan de millo), en esta ocasión con uvas pasas . Aquí en detalle Broa (pan de millo) Nótense as pasas. Nótese tamén a berza na base. Nótese a cor por estar ben cocida e cómo escachou a codia. ***************** Para rematar, dicir que recollemos os kiwis antes de que chovese moito (ver entradas antigas da bitácora) e foi un bo ano. Pillamos máis kiwis que patacas :P Moitos aínda están un pouco duros para comer, pero según van madurando iremos comendo e durannos moitas semanas.

Ese forno ...

Imaxe
Pan artesán O forno desta cociña non se pode dicir que estexa desaproveitado e ademáis dalle a todo: empanadas, roscas, galletas, asados, peixes, bizcoitos, flan,... Hoxe estivo toda a mañá cocendo. Clica nas imaxes para velas con detalle. Primeiro pan con fariña de forza, unha pouca de centeo e a integral. e rosquillas teñen un fío de mel por arriba e un chisco de sucre (clica na foto). Igoal xa as puxera, pero este molete e a tarta de queixo tamén tamén da gusto velos (e comelos)..