Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2015

Galletas con cervexa

Imaxe
Galletas con cervexa Ei lambociños! Aquí van as galletas que fixo Merchi no programa Larpeiros da TVG (un pouquiño adaptadas dadas as circunstancias). INGREDIENTES: 300 g de fariña 200 g de manteiga (fría do refrixerador) 50 de azucre (máis un pouco para decorar) 1 xema de ovo 1/2 vaso de cervexa, aproximadamente (fría do refrixerador) 1 pisco de sal algún fruto seco natural para decorar (avelá, améndoa...) PREPARACIÓN.  Sobre a fariña, nun volcán ou dentro dun bol, botamos todos os ingredientes xuntos, e amasamos sen pasarnos, ata homoxeneizar, nada máis. Non hai que manipular demasiado a masa, nin darlle demasiada calor coas mans. Deixamos repousar a masa no refrixerador polo menos media hora. a masa antes de estirala Estirar a masa ata un grosor de medio centímetro, máis ou menos. Intenta que quede o máis regularmente estirado posible. con unha améndoa ou similar Cortar cun cortapastas, en formas variadas, figuriñas, ou máis simples, coma min, en cad