Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta amorodos

Semifrío de Amorodo

Imaxe
Sobremesa moi saborosa e refrescante. Dificultade : baixa Contido de enerxía : alto Azucre e graxa: ¿qué pode fallar?  :D Ingredientes 300 gr. de tona (nata) 100 gr. de queixo fresco (tipo filadelfia) 200 gr. de marmelada de amorodos (caseira) 50 gr. de azucre (ad libidum) ornamento Preparación Montas a tona co queixo , todo xunto, e cando está a medio montar engádeslle a cantidade de azucre que desexes. Cando xa está montado, engádeslle ao final a marmelada e mestúralo ben. Repártelo nas copas e adórnalas ao teu gusto. Un amorodo sería o propio , pero tamén unha cereixa (na foto), unha poliña de menta, unhas farangullas de chocolate, ... Meter no conxelador 10 minutos antes de servir, non precisa máis.

Charlota de amorodos - LarpeirosTVG

Imaxe
Charlota de amorodos por Larpeiros TVG Fonte : Ver programa, 11 de xuño biscoito de améndoa 4 ovos 300 gr. fariña de améndoa (tamén vale de trigo, pero non é o mesmo) 200 azucre limón canela mus de amorodos 1.2kg de amorodos (en anaquiños e anacos) 500ml. nata 80gr. azucre 1 pouquiño marmelo de amorodo 5 follas de xelatina 1 cunca de arandos pola de menta feixe de biscoitos arredor enchoupados de leite Eu só lle fixen unha capa biscoito (parécese a tarta de santiago ) batemos os catro ovos co azucre, raiamoslle a codia do limon e botámola xunto cunha pinguiña de canela. untamos o molde coa manteiga e a fariña botamos os 300gr de fariña de améndoa cos ovos e o azucre e remexemos coa culler de pau. Amoado ao forno: 25' a uns 180ºC Mus (mousse?) 400ml. de nata fría e montámola, botámoslle 80gr de sucre e montámola pero non totalmente ( semimontada , semella unha preferencia persoal). auga tépeda para derreter a xelatina e ablándámolas para, sacalas a un bol onde as ...