Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta molete

Cocer pan na casa a partir de lévedo artesán

Imaxe
molete feito a partir do meu lévedo Lévedo caseiro O lévedo preciso para a fermentación da fariña e facer o pan é un organismo vivo , composto por milleiros de microorganismos. Podes mercar lévedo industrial xa preparado ou partir dos elementos básicos para obter o teu propio lévedo , alimentalo, coidalo e utilizalo para cocer o teu propio pan . Tamén se coñece como Masa Nai , pois dela tomaremos parte para elaborar o noso pan e gardaremos outra que seguiremos coidando e tomando parte para facer máis pan. na imaxe vense dous envases de vidro onde comecei o proceso de fermentación Procedemento Ingredientes fariña auga un envase En 2013 escribimos unha entrada no blogue CultivaeCome sobre este tema . Refrescamos a experiencia, xa que estamos confinados e... non perdemos o tempo con outras cousas, eu que sei. A fariña da que partir, en principio, da igual, pero tendo en conta que os "bichiños" que queremos para fermentar masas abundan máis na casca dos

Ese forno ...

Imaxe
Pan artesán O forno desta cociña non se pode dicir que estexa desaproveitado e ademáis dalle a todo: empanadas, roscas, galletas, asados, peixes, bizcoitos, flan,... Hoxe estivo toda a mañá cocendo. Clica nas imaxes para velas con detalle. Primeiro pan con fariña de forza, unha pouca de centeo e a integral. e rosquillas teñen un fío de mel por arriba e un chisco de sucre (clica na foto). Igoal xa as puxera, pero este molete e a tarta de queixo tamén tamén da gusto velos (e comelos)..