Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta food

Biscoito de castañas - Larpeiros TVG

Biscoito de castañas - Larpeiros TVG Fonte : Larpeiros-TVG, 4 de Nadal 2018 Ingredientes 250 gr fariña trigo 150 gr fariña castaña 1 sobre lévedo 1/2 cullerada bicarbonato 200 manteiga 200 azucre 1 vaso pequeno licor castañas en sirope (confitadas?) pedriñas de chocholate 5 ovos 1,5 litros de leite enteiro 200 gr. de castañas enteiras peladas Preparación Poñemos nun cazo grande o leite ao lume e cocemos as castañas peladas durante unha hora aproximadamente . Un vaso do leite de cocer apartámolo para o biscoito, pois terá o gusto das castañas. Espelexamos as castañas cocidas, picámolas ben e reservámolas. Podemos ir poñendo o forno a 180º para que vaia quencendo e tamén untar o molde desmontable con manteiga e enfariñalo. Nun bol bater manteiga e o azucre (200gr. cada un) para empomar a manteiga , e cando xa están ben misturados ímoslle engadindo os cinco ovos , un a un. Agora ven a fariña de trigo, o bicarbonato e o lévedo. Todo peneirado ben miudiño e...