Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta cenorias

Horta Marzo 2019

Imaxe
Ola! traio unhas fotos da horta que xa vai collendo xeito. Pulsa na imaxe para vela nun tamaño maior. Ceboletas, allos e cenorias As ceboletas, no plano medio, están moi bonitas e o cebolo que plantamos tamén (abaixo), pero só fará uns dez días que o plantamos. Os allos , na parte superior da imaxe, tamén están moi ben. Vense uns amorodos que trouxemos para renovar as plantas, algún tapados pola manta térmica que lla puxemos principalmente para que os paxaros non levantasen os chícharos. A dereita arriba vense a cenorias, que tamén naceron ben. Chícharos Os chícharos ( guisantes ) de este eito naceron ben e non os levantaron os paxaros porque os tapamos coa rede fina. Romeu unha foto do romeu que está todo florido, e xa as abellas traballan nel. Pexegueiros As árbores de froita de pedra tiveron estas semanas de bo tempo para ter unha boa floración e polinización. Este ano, se non hai froita de pedra, non será porque lle veu mal tempo nestas fechas. Patacas

A colleita

Imaxe
a 11 de Agosto de 2018 A nosa horta En esta época do ano recollemos o froito do TRABALLO de tantos meses. Comento, por orde, as fotografías Colleita de cebolas extendidas e ao sol para que acaben de secar e poder enrestralas limpas. Como se plantan en varias semanas tamén se van colleitando durante varias semanas. Enrestrando as cebolas Restras de cebolas. De este xeito pódense colgar nun lugar fresco e ventilado para a súa conservación Detalle dos tomates (co sulfato de cobre) Cribo con #fabas. Puxemos a secar as plantas coas coitelas das fabas e estas xa están limpas e secas para gardar. Consérvanse todo o ano, pero a #fabada con fabas novas está moi rica!!! Tamén lles chamamos #herbellas. "Collóns de fraile", expresivo nome :D para este outro tipo de #cirola, semellante a #claudia (que xa recollemos as que nos deixaron as #nespras) Planta do #cabaciño (#calabacín) #courguette. Non se ven ben, pero colleitámolos con uns 25/30cm de longo pois producen moito e é

Horta 13 de Abril

Imaxe
Este é o momento de grande actividade na horta. Nas últimas semanas estivemos plantando moitas verduras, preparando as árbores, coidando o terreo para botar o millo e as fabas, reparando o cerrado para que non veña o jabalí ou os cans estropear o traballo,... Maceiras en flor Abellón libando Máis bichería traballando Co calor e sol teñen moita facenda, coma os agricultores Flores da cerdeira uns regos de patacas, naceron ben espárragos Os xornaleiros plantando un pouco máis de cebolo. As rachas de carballo secando ao sol. Croquis coas diferentes verduras. As maceiras teñen moita flor, e as cerdeiras preséntanse ben (a ver si deixan algo os paxaros!!) pero o pexegueiro está ate os topes de pexeguiños pequenos (a metade caeranlle como é loxico) e probablemente este sexa ano de froito de pedra

Brócoli no microondas

Imaxe
Cocer verduras no microondas. Un dos problemas de cocer as verduras na auga é que se perde moita "vitamina". As verduras se están frescas teñen moita auga, e esa auga pódese "utilizar" para que ao metelas no microondas coza a propia verdura. Non todas se adaptan ben a este tipo de cocido pero o brócoli e as cenorias si e queda un plato moi rico e saboroso. Lavar ben o brócoli e poñelo no recipente que utilicemos para o microondas. Non escurras demasiado a auga de lavalo porque axudaralle a crear vapor . Pelas as cenorias e córtalas en anacos non demasiado grosos para que lle leve o mesmo tempo facerse que ao brócoli. Eu bótolle xa unhas graias de sal e unhas gotas de aceite de oliva virxe extra , pero moi pouco, máis polo aroma que por outra cousa. Tamén se lle poden botar outras herbas ou condimentos ao gusto. en cru O tempo de coción é variable e terás que ir probando, xa que depende do fresco que esté o brócoli e as cenorias

Courgettis con boloñesa

Imaxe
Courgettis(*) con boloñesa . Receita de BBCGoodFood foto en BBCGoodFood Ingredientes (para 4): 2 culleradas de aceite de oliva virxe extra 500g turkey mince (thigh or breast)   eu utilicei peituga de polo unha cebola grande (cortada finiña) pemento morrón (engadido meu) 1 dente de allo (esmagado) 2 cenorias grandes peladas en en rodaxas 150 gr. de champis cortados en anacos grandes 1 cullerada de puré de tomate 2 latas de 400gr. de tomate triturado ( ou tomate fresco ben maduro e en anaquiños ). 2 chicken stock cubes ( nada de avecren!, bótalle caldo de verdade ) 1 cullerada de salsa de soia ( eu non lla botei ) Editado: Ver comentarios abaixo . unhas graias de cilantro (colleita propia) 4 cabaciños grandes (da miña horta tamén) grated pecorino or Parmesan para servi r, ou un queixo do teu gusto unhas follas de albahaca (eu púxenlle unhas follas de perexil) Cociñando: 1 Quenta unha cullerada de aceite de oliva virxe extra nunha pota pl

Transplantando lechuga

Imaxe
Hoxe amenceu cuberto e fresco e fomos transplantar unha pouca lechuga entre os tomates e os pementos e regar un pouco. as alcachofas :D (ver entrada anterior) Esta semana sachei o millo A cenorias son moi boas, aínda os ratos non deron con elas (ver entrada anterior). Con uns paus e cordeles trencei para que gateñen as xudías allos en primeiro plano co brócoli