Brócoli no microondas
Cocer verduras no microondas.
Un dos problemas de cocer as verduras na auga é que se perde moita "vitamina". As verduras se están frescas teñen moita auga, e esa auga pódese "utilizar" para que ao metelas no microondas coza a propia verdura.
Non todas se adaptan ben a este tipo de cocido pero o brócoli e as cenorias si e queda un plato moi rico e saboroso.
Lavar ben o brócoli e poñelo no recipente que utilicemos para o microondas. Non escurras demasiado a auga de lavalo porque axudaralle a crear vapor. Pelas as cenorias e córtalas en anacos non demasiado grosos para que lle leve o mesmo tempo facerse que ao brócoli.
Eu bótolle xa unhas graias de sal e unhas gotas de aceite de oliva virxe extra, pero moi pouco, máis polo aroma que por outra cousa. Tamén se lle poden botar outras herbas ou condimentos ao gusto.
![]() |
en cru |
O tempo de coción é variable e terás que ir probando, xa que depende do fresco que esté o brócoli e as cenorias, da auga que lle queda, do grosor das pezas que cortaches, da potencia do teu microondas,...
Como referencia eu póñolle minuto e medio a un 50% da potencia e catro minutos ao 100%, segundo o gusto personal deberás poñerlle máis ou menos tempo.
Debe quedar cocido, pero non "blandengue", a graza de esto é que trisque e pareza medio cru sen estalo.
![]() |
cocida, pero quedoume a foto borrosa :( |
De este xeito, ademáis da "vitamina", a verdura conserva un sabor moito máis intenso (incluso a comprada no super) que a min me resulta agradable. Con un fío de aceite de oliva virxe extra, un par de ovos cocidos e unha lata de atún en aceite de oliva, preparas un bo plato en menos do que te das conta.
![]() |
a comer! |
Comentarios