Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta kiwis

A colleita

Imaxe
a 11 de Agosto de 2018 A nosa horta En esta época do ano recollemos o froito do TRABALLO de tantos meses. Comento, por orde, as fotografías Colleita de cebolas extendidas e ao sol para que acaben de secar e poder enrestralas limpas. Como se plantan en varias semanas tamén se van colleitando durante varias semanas. Enrestrando as cebolas Restras de cebolas. De este xeito pódense colgar nun lugar fresco e ventilado para a súa conservación Detalle dos tomates (co sulfato de cobre) Cribo con #fabas. Puxemos a secar as plantas coas coitelas das fabas e estas xa están limpas e secas para gardar. Consérvanse todo o ano, pero a #fabada con fabas novas está moi rica!!! Tamén lles chamamos #herbellas. "Collóns de fraile", expresivo nome :D para este outro tipo de #cirola, semellante a #claudia (que xa recollemos as que nos deixaron as #nespras) Planta do #cabaciño (#calabacín) #courguette. Non se ven ben, pero colleitámolos con uns 25/30cm de longo pois producen moito e é...

Broa con pasas e Cocido para o domingo

Imaxe
Os días xa son moi curtos e o frío e a choiva cada vez arrímanse máis. Así que un bo cocido axuda a espantar a friaxe. Con pan e viño, faise o camiño. O pesuño do porco estaba boísmo :D  O tamaño da ración é xeneroso nesta pousada. Na foto de arriba vese o anaco de broa (pan de millo), en esta ocasión con uvas pasas . Aquí en detalle Broa (pan de millo) Nótense as pasas. Nótese tamén a berza na base. Nótese a cor por estar ben cocida e cómo escachou a codia. ***************** Para rematar, dicir que recollemos os kiwis antes de que chovese moito (ver entradas antigas da bitácora) e foi un bo ano. Pillamos máis kiwis que patacas :P Moitos aínda están un pouco duros para comer, pero según van madurando iremos comendo e durannos moitas semanas.

Kiwis, Moras, Yemas...

Imaxe
Rematando xuño os kiwis están moi ben presentados e se non ven unha seca que os milrre (ou peste) vai haber moitos Levamos unhas poucas patacas e moras para facer xeado de moras Moras, alfádega e patacas novas O do tarro é alfádega que trasplantamos Moras e o xeado xa feito

Fotos da horta o 4 de maio

Imaxe
Aquí van unhas fotos de tal como está agora a miña horta. Amorodos Pirixel amorodos moreira flor da moreira Cenorias Cereixas Cereixas Cebolo e leituga Amorodos Amrorodos en flor Espárragos Pirixel, ceboliño e tomiño Pereira Peras