Broa con pasas e Cocido para o domingo
Os días xa son moi curtos e o frío e a choiva cada vez arrímanse máis. Así que un bo cocido axuda a espantar a friaxe.
O pesuño do porco estaba boísmo :D O tamaño da ración é xeneroso nesta pousada.
Na foto de arriba vese o anaco de broa (pan de millo), en esta ocasión con uvas pasas.
Aquí en detalle
Nótense as pasas. Nótese tamén a berza na base. Nótese a cor por estar ben cocida e cómo escachou a codia.
Con pan e viño, faise o camiño. |
Aquí en detalle
Broa (pan de millo) |
*****************
Para rematar, dicir que recollemos os kiwis antes de que chovese moito (ver entradas antigas da bitácora) e foi un bo ano. Pillamos máis kiwis que patacas :P
Moitos aínda están un pouco duros para comer, pero según van madurando iremos comendo e durannos moitas semanas.
Comentarios