Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta cereixas

Horta con fotos Maio

Imaxe
Un mes despois xa se ven os froitos das árbores (mazás, peras, cereixas, pexegos de varias clases, claudias,...) as fresas cheas de flores, os kiwis tamén comezan a ter flores, e seguimos plantando as plantas máis delicadas agora que xa non hai risco de frío Calabacín (Abobrinha?). Lástima que lle haxa que atacar aos caracois. Tomates en primeiro plano e dous regos con lombarda e coliflor Sulfatando as patacas, que son moi boas. Vense tamén o cebolo Comparar coa foto da anterior entrada :D Cereixas. Comeremos algunha? Non creo :( a primeira alcachofa a moreira en primeiro plano e tomates, cebolo, chícharos,... ameixeiro vermello, está moi cargado O brócoli logo sirve para comer dous regos de cenorias

Fotos da horta o 4 de maio

Imaxe
Aquí van unhas fotos de tal como está agora a miña horta. Amorodos Pirixel amorodos moreira flor da moreira Cenorias Cereixas Cereixas Cebolo e leituga Amorodos Amrorodos en flor Espárragos Pirixel, ceboliño e tomiño Pereira Peras

Comeremos cereixas?

Imaxe
Un par de fotos de cómo van as cerdeiras este ano. Teñen só dous anos plantadas e o ano pasado non chegaron a lograr as cereixas, mais este ano semella que algunha si comeremos delas. Xa as cubrimos cunha rede fina para os paxaros. E este é o rego de patacas que está no bancal. Xa miramos e teñen unhas patacas xeitosas :D onde tamén se ve os allos, un pouco tristes, e cebolas blancas. Finalmente merecen foto tamén as mazeiras cheas de flores. Da gusto ver as abellas (e similares) traballando nelas.