Comeremos cereixas?

Un par de fotos de cómo van as cerdeiras este ano.

Teñen só dous anos plantadas e o ano pasado non chegaron a lograr as cereixas, mais este ano semella que algunha si comeremos delas.



Xa as cubrimos cunha rede fina para os paxaros.



E este é o rego de patacas que está no bancal. Xa miramos e teñen unhas patacas xeitosas :D





onde tamén se ve os allos, un pouco tristes, e cebolas blancas.

Finalmente merecen foto tamén as mazeiras cheas de flores. Da gusto ver as abellas (e similares) traballando nelas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Semifrío de Amorodo

Tarta de chocolate branco, mango e kiwi - Frabisa

Charlota de amorodos - LarpeirosTVG