Barriñas enerxéticas caseiras
RECEITA PARA BARRIÑAS ENERXETICAS
Ingredientes:
- Un vaso grande de copos de avea
- Unha cullerada e media de salvado de trigo
- Un par de culleradas de fariña de amendoas
- 6/8 avelás naturais
- 6/8 noces naturais
- 6 orellóns de albaricoque
- 12 uvas pasas de Malaga
- 3 culleradas sopeiras de mel
- 1 cullerada sopeira de azucre integral de cana
- 50 gramos de manteiga
- 1 culleradiña de canela
Preparacion:
Cascar e picar as noces e mais as avelás, os orellóns e as uvas pasas. Mesturar todos os ingredientes secos, menos o azucre e a manteiga, e que queden ben mesturados. Nun cazo poñer ao lume o mel co azucre e mais a manteiga ata que estea o azucre ben derretido. Botar isto sobre a mistura seca e homoxeneizar ata conseguir unha pasta. Estender nun molde cuberto con papel de forno.Opcional: cobertura de chocolate: poñer nun cazo 50/70 gramos de chocolate negro cun par de culleradiñas de leite. Fundilo ata que estea completamente derretido e verter sobre a masa con xeito.
Meter na neveira ata o día seguinte e cortar as porcións ao gusto.
Comentarios