Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta pexegos

Horta Marzo 2019

Imaxe
Ola! traio unhas fotos da horta que xa vai collendo xeito. Pulsa na imaxe para vela nun tamaño maior. Ceboletas, allos e cenorias As ceboletas, no plano medio, están moi bonitas e o cebolo que plantamos tamén (abaixo), pero só fará uns dez días que o plantamos. Os allos , na parte superior da imaxe, tamén están moi ben. Vense uns amorodos que trouxemos para renovar as plantas, algún tapados pola manta térmica que lla puxemos principalmente para que os paxaros non levantasen os chícharos. A dereita arriba vense a cenorias, que tamén naceron ben. Chícharos Os chícharos ( guisantes ) de este eito naceron ben e non os levantaron os paxaros porque os tapamos coa rede fina. Romeu unha foto do romeu que está todo florido, e xa as abellas traballan nel. Pexegueiros As árbores de froita de pedra tiveron estas semanas de bo tempo para ter unha boa floración e polinización. Este ano, se non hai froita de pedra, non será porque lle veu mal tempo nestas fechas. Patacas...

Tarta de pexegos e crema pasteleira

Imaxe
Tarta pexegos e crema É unha tarta de base de masa quebrada e unha capa de crema pasteleira con froitas enrriba. Ingredientes Masa quebrada 200gr fariña 100gr manteiga 25gr fariña de améndoa 1 ovo 1 chisco de sal Preparación (masa quebrada): Nun bol poñemos a fariña, a fariña de améndoa, a manteiga (fría) e sal e refregamos ate que quede moido como area. A continuación botámoslle o ovo un pouco batido e se precisa auga engadirlla ate que faga unha masa que non se traballa. Facer unha bola coa masa, envolvela en plástico transparente e metela no refrixerador durante unha hora. Crema pasteleira 600ml leite 4 ovos 1 cullerada (de comer) de sucre 40gr de fariña 30gr de maicena Froita pexego en lonchas framboesas marmelo (de albaricoque) Estiramos a masa quebrada e extendémola nun molde duns 22cm e ao forno a 180º ate que está lixeiramente dourada (40’ aprox.). Deixamos que enfríe a base e a crema pasteleira (moi importante que estén frías) e e...

Horta con fotos Maio

Imaxe
Un mes despois xa se ven os froitos das árbores (mazás, peras, cereixas, pexegos de varias clases, claudias,...) as fresas cheas de flores, os kiwis tamén comezan a ter flores, e seguimos plantando as plantas máis delicadas agora que xa non hai risco de frío Calabacín (Abobrinha?). Lástima que lle haxa que atacar aos caracois. Tomates en primeiro plano e dous regos con lombarda e coliflor Sulfatando as patacas, que son moi boas. Vense tamén o cebolo Comparar coa foto da anterior entrada :D Cereixas. Comeremos algunha? Non creo :( a primeira alcachofa a moreira en primeiro plano e tomates, cebolo, chícharos,... ameixeiro vermello, está moi cargado O brócoli logo sirve para comer dous regos de cenorias

pexegueiro e patacas

Imaxe
Estas son as patacas de cedo, naceron irregularmente pero parecen boas Estas son as flores do pexegueiro que está xunto ás tuias xa xerminadas Estas son as patacas da caixa plantadas nas moreas. Aquí vense dúas xa nacidas. E aquí as 100 plantas. Cada burato é onde están as plantas.