Secando figos

Agora que chegou a chuvia e algo de frío, quitamos os poucos figos que aínda quedaban na figueira para intentar secalos e conservalos unhas semanas máis.

Secado


Córteinos pola metade e metinos no forno da cociña de ferro. Como en esta época do ano está acendida moitas horas aproveitase así tamén o calor para secar "cousas". O millo, figos, ...

Figos secando no forno

Pódelos secar nun forno eléctrico, poñendo unha temperatura suave (uns 80-100ºC) e deixalos durante horas ata que están secos.

Enfariñado


Pasados tres ou catro días (depende do lume que fagamos), cando xa se ven con un aspecto similar ao que teñen os que che venden nas tendas (encollen e enrrugan), metinos nunha bolsa e a través dun coador (para que non faga grumos) boteille un par de culleradas de fariña. Espolvorexeille ben e despois axitei-sansaniquei a bolsa para que a fariña se pegase ben ao figo.

Tras varios días secando e pasalos por fariña

Están moi ricos. Hai quen dí que mellor que frescos.


Non durarán semanas :P

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Tarta de chocolate branco, mango e kiwi - Frabisa

Charlota de amorodos - LarpeirosTVG

Novo invernadoiro e enxerto de fatóns