En esta época do ano comézase a traballar a terra, a preparala para ir plantando as verduras e hortalizas dentro de unhas semanas.
Aquí van un par de fotos
 |
Os bancales cubertos con folla de carballo seca |
Están cubertos con folla para protexelos da xeada e que vai abonando a terra.
 |
O millo no "hórreo" |
No pallal da leña puxemos unhas cordas para colgar o millo
 |
Un par de enxertos, transplantados para dentro dun ano levalos a outro sitio mellor |
Se prenden ben os enxertos despóis haberá que buscarlle sitio a estas dúas pereiras.
 |
Amorodos, tamén coa folla de carballo |
Levamos un par de anos tapando as fresas con folla de carballo (tras limpalas ben e quitarlle as follas mortas e a maraña de "fillos" que lle saen) e séntalle moi ben. Quedalle o pe protexido do frío e despóis abona o terreo cara a primavera.
 |
Limóns xa maduros |
Hai uns meses estaba un pouco "triste", pero colleu forza e ten uns limón bonitos
 |
Uns par de regos de repolo |
Comentarios