Iogures caseiros con iogurteira
Cómo facer iogures na casa coa iogurteira?
Unha iogurteira é un aparato eléctrico que mantén nunha marxe moi estreita e constante a temperatura para que as bacterias poidan "fabricar" o iogur. Este entorno favorable pódese crear tamén nun forno ou deixando os iogures xunto a unha fonte de calor suave.
Non ten moita ciencia* facer iogures. Para os meus 6 botes:
- 750ml. leite de vaca. Pero de vaca eh! *
- 1 iogur "bio" natural do supermercado.
Ingredientes |
Nun bol botámos o leite, a temperatura ambiente, e engadímoslle o iogur. Remexemos ate que o iogur se integre co leite.
Repartimos a mezcla nos botes de cristal, deixámolos sen a tapadeira posta, e colocámolos na iogurteira. Tapamos e conectamos o aparato.
Iogurteira |
... doce horas despois desconectas a iogurteira (ou se ten reloxio pois prográmala con este tempo). Probablemente haxa un pouco de condensación no borde dos botes así como na tapadeira da iogurteira.
Agora tapas cada bote coa súa tapadeira e mételos no frigorífico para que as bacterias deixen de fabricar iogur.
Iogures |
Hai que mantelos no frigorífico e consumilos nos seguintes días.
Os iogures das fotos espesaron moi ben, tiñan unha consistencia espesa como a dos que se mercan, ulían e sabían a "iogur natural". É o que se espera, pero como foi a primeira vez e ademáis con leite de vaca (non de cartón), pois había certa incertidume.
me lo papo |
FAQ*:
¿pódese usar leite de outro animal? ¿e o "leite" de soia e outras "herbas"? ¿e o leite sen lactosa? ¿da igoal desnatado/semi/enteiro? ¿e para facelos de sabores? ¿e con anaquiños de froita ou marmelos? doce horas fánseme moito, non pode ser en menos? e se me esquecen e me paso co tempo? pódolle botar sucre?
(*) please stay tuned. More to come...
Comentarios