Horta 13 de Abril
Este é o momento de grande actividade na horta. Nas últimas semanas estivemos plantando moitas verduras, preparando as árbores, coidando o terreo para botar o millo e as fabas, reparando o cerrado para que non veña o jabalí ou os cans estropear o traballo,... Maceiras en flor Abellón libando Máis bichería traballando Co calor e sol teñen moita facenda, coma os agricultores Flores da cerdeira uns regos de patacas, naceron ben espárragos Os xornaleiros plantando un pouco máis de cebolo. As rachas de carballo secando ao sol. Croquis coas diferentes verduras. As maceiras teñen moita flor, e as cerdeiras preséntanse ben (a ver si deixan algo os paxaros!!) pero o pexegueiro está ate os topes de pexeguiños pequenos (a metade caeranlle como é loxico) e probablemente este sexa ano de froito de pedra