Galletas de nata
Unhas galletas para tomar co café.
Ingredientes:
Unha taza de nata
Unha taza de azucre
Media taza de aceite de xirasol
Un chisco de sal
Un chisco de Royal (levadura)
Fariña: a que admita
Preparación:
Nun bol poñemos a nata, o azucre e o aceite e misturamos ben.
Ímoslle engadindo o Royal o sal e a fariña aos poucos ate obter unha consistencia que se poida estirar co rolo e quede cun grosor dun medio centímetro.
Poñemos o forno a quencer a 180°C
Con un corta pastas, ou vaso, imos cortando a masa. Espolvorexarlle unhas graias de azucre a cada galleta.
Poñemos na bandexa o papel do forno e imos poñendo as galletas e deixámolas facer ante que estén doradas (uns 25 minutos)
Si o forno ten aire activamosllo.
Comentarios