Publicacións

Do porquiño (parte I): TRIPASSSS!

Imaxe
O porquiño merécese unha sección propia, porque se poden facer tantas cousas!! Xa que se sacrifica, polo menos non desperdiciar nada, e nesta entrada, que inaugura a sección, falaremos dunha receita coas TRIPAS, sí amijos, tripas, e as do intestino groso, nada menos. É un prato anti-prexuizos, que require dalgo de valentía para preparalas, e comelas despois. Isto pasa con tantas cousas!!... o pulpo, por exemplo, un bicho viscoso, que non arrecende precisamente cando está a ferver na pota, pero que despois cun simple aceite de oliva e pementón se convirte nun manxar polo adoecen tantos! Pois con isto pasa algo parecido, aínda que se comes callos (o calleiro non é mais que o estómago, e pode ser de vaca, pero o de porco tamén vale), botelo, chourizos, morcillas... pois tamén estás a comer tripas!! Así que non é nada raro, despois de todo. Comentei e preguntei a bastante xente por esta receita, ou algunha posible variante, e ninguén me dixo que a coñecese, así que para que non se per...

Semifrío de turrón.

Imaxe
Semifrío de turrón. Despois de nadal, miras na lacena e bates en cousas que sabes que non acabarás comendo. Se miras no refrixerador... qué dicir!! Entón buscando un pouco cheguei esta receita , e a min quedoume así. detalle A améndoa en láminas non deixa apreciar de todo o sabor da propia améndoa do turrón. Esta rico e cremoso, e tamén doce a pesar de non terlle botado todo o sucre que indica a receita. Copio e pego ¿Qué ingredientes necesito para preparar .. Semifrio de turrón? 1 disco de bizcocho de los que venden preparados   (maaaaaaaaaaaaaaaaal!!!! ,  fai un bizcoito sinxelo) 200 gr. de turrón de Jijona Un chorrito de  nata Crocanti de almendra para decorar Para la crema: 250 ml. de leche 125 gr. de azúcar 4 yemas 5 hojas de  gelatina  neutra 400 gr. de  nata  montada Fonte:  http://semifrio-de-turron.recetascomidas.com/

Brownie de plátano, noces e sen fariña de trigo

Imaxe
Ás veces ter cousas a punto de se estragar no frigorífico ou na alacena obriga a buscarlle xeito para non tiralas. Ás veces é peor o remedio, porque se é un experimento, e non sae ben, acabas tirando con todo, pero outras veces experimentas e sae algo que anotas porque mesmo merece repetirse! E este foi un deses experimentos: había un plátano moi maduro, tiña unha taza de leite kefirada que había que gastar... e quería experimentar de novo coa fariña de coco para ver se lograba algo que fose un bo almorzo sen fariña de trigo, cunha textura agradable. Os experimentos previos coa fariña de coco (unhas madalenas e unhas galletas) non foran moi bos, está ben no gusto, pero a textura non convence. Para este brownie, de ingredientes usamos: 1 plátano ben maduro e grande (ou 2 pequenos) 1 taza de leite kefirada (kefir) 90 gramos de mateiga branda (semifundida ou pomada moi branda) 1/2 taza de cacao puro en pó 1/2 taza de sementes de liño moídas (axuda coa textura esponxosa)...

Ese forno ...

Imaxe
Pan artesán O forno desta cociña non se pode dicir que estexa desaproveitado e ademáis dalle a todo: empanadas, roscas, galletas, asados, peixes, bizcoitos, flan,... Hoxe estivo toda a mañá cocendo. Clica nas imaxes para velas con detalle. Primeiro pan con fariña de forza, unha pouca de centeo e a integral. e rosquillas teñen un fío de mel por arriba e un chisco de sucre (clica na foto). Igoal xa as puxera, pero este molete e a tarta de queixo tamén tamén da gusto velos (e comelos)..

Puré de mazá e soro (Apple butter)

Imaxe
Ou cómo atoparlle xeito tamén ás mazáns... Na entrada anterior falaba de que para darlle xeito a unha cabaza, non querendo máis litros de puré ou de caldo, e logo de conxelar unha pouca, fixemos un pan (e está en proxecto unha tarta de queixo...). Pois agora tócalle ás mazás, que neste tempo tamén chegan todas xuntas, e xa fixemos marmelo, e compota, e asadas, e crúas e en empanada... Pero hai que ver de preservalas algo de tempo e ver de comelas máis tempo. Así que aproveitando que se encende a cociña de ferro todo o día, cortamos en anacos finos, delgados (sen pelar) as mazas, e poñémolas nas bandexas do forno, coa porta entreaberta, para secalas. Así deshidratadas gárdanse tempo, e pódense ir consumindo aos poucos, en biscoitos, galletas, muesli, ou outras preparacións. Lendo Nourishing Traditions (Sally Fallon), vin de facer o que aí describen como "apple butter", unha especie de compota, pero sen azúcar, e que podía aproveitar de novo un pouco do soro de leite q...

Pan de cabaza, con noces e castañas (Pumpkin bread)

Imaxe
PAN DE CABAZA Inspirado na receita de Dan Lepard,  vista en http://www.theguardian.com/lifeandstyle/2013/aug/23/pumpkin-whey-bread-recipe-dan-lepard?INTCMP=ILCNETTXT3487, e tendo en conta que había que buscarlle xeito a unha cabaza de 20 kg, tocoulle a unha proba-experimento de engadir puré de cabaza a unha masa de pan. Os ingredientes son fariña de trigo de forza, soro de leite, puré de cabaza e sal, e un pouco aceite de oliva. Para aproveitar o que abunda de tempada estes días, tamén lle botei ao final unhas noces do país e unhas castañas asadas, picadas, polo medio. A fariña de trigo é convencional, de forza, e usei aproximadamente 1kg. O soro de leite é o que recollo ao escurrir durante 24 horas os iogures caseiros (o iogur queda máis cremoso, case coma un grego ou queixo-crema, e o soro ten despois múltiples aplicacións, sendo un concentrado de minerais e probióticos). O puré de cabaza, do que usei uns 300 g, é simplemente cabaza cocida, feita puré e escurrida, para q...

Copa marmelo e mascarpone

Imaxe
Copa de mascarpone e marmelos de tempada (amoras e morotes) A estas alturas de setembro xa está rematando a que foi unha tempada ben boa de moras silvestres. Pola zona non escasean as silveiras (:P), así que en cuestión dun par de días puidemos facer uns cuantos botes de marmelo de moras: moras silvestres limpas, azucre, zume de limón e paciencia para macerar, cocer e pasar polo "chino" para quitar as sementes... e digo paciencia para non comer as moras todas antes!! Tamén quedan ainda morotes e algúns amorodos, así que aproveitamos para facer algo de marmelo con eles tamén (co mesmo procedemento). Unha vez disponible o marmelo, imos ao tema, esta copa, que é moi moi sinxela de preparar. Dificultade: baixa Calorías: metralla pura Sabroso: moito   Ingredientes: marmelo de amora marmelo de amorodos unha tarrina de mascarpone (ou requeixo ou similar, no seu defecto, aínda que a textura cremosa do mascarpone non che é comparable!) un bote pequeno (200ml) de ...