As patacas están moi bonitas contra abaixo temos unha fabas e millo. O millo é so para que amparen e axuden as fabas. Plantamos outro pouco cebolo (como si houbese xa pouco), pero este é moi bo e non terá duda. Se fose pequeno xa é moi tarde para plantalo.
Flan con leite de coco A textura é un pouco máis densa, máis compacta, pero non dura. O sabor é igual de suave pero con un aroma un pouco distinto, a coco :D Tamén pan. Hai que collerlle o punto ao forno.
Estas son as patacas monalisa que plantamos o día 7 de marzo . E estas as ceboletas e allos. Tamén se ven os chícharos e o semillero coa lechuga (tapado). As flores de unha das pereiras.
O sábado facía moito frío e viñan trebóns, pero aproveitamos que facía algo mellor pola tarde e fomos poñer unha caixa de patacas monalisa que son máis ben de cedo. Non quedan tan fondas como se ven na foto, se non a uns 8 ou 10 cm Misturamos folla de carballo con caghallas da granxa dos pitos Non hai que botarllo moi preto porque se non queima a pataca en primeiro plano as caghallas coa folla, e ao fondo Pepe co beso ben, unhas graias de nitramón tamén leva
Domingo de Entroido Esta semana, primeira de febreiro, aproveitamos un par de tardes boas e comezamos a plantar nas cousas da horta : ceboletas, allos, un rego de chícharos para cedo e espinacas. No domingo celebramos o entroido como merece o xantar Chourizos, orella, touciño da barriga, ... para "endulzar" os grelos. As filloas son as que quedaron de onte Facémolas nos testos do pote E de postre... orellas ! :D
Os días xa son moi curtos e o frío e a choiva cada vez arrímanse máis. Así que un bo cocido axuda a espantar a friaxe. Con pan e viño, faise o camiño. O pesuño do porco estaba boísmo :D O tamaño da ración é xeneroso nesta pousada. Na foto de arriba vese o anaco de broa (pan de millo), en esta ocasión con uvas pasas . Aquí en detalle Broa (pan de millo) Nótense as pasas. Nótese tamén a berza na base. Nótese a cor por estar ben cocida e cómo escachou a codia. ***************** Para rematar, dicir que recollemos os kiwis antes de que chovese moito (ver entradas antigas da bitácora) e foi un bo ano. Pillamos máis kiwis que patacas :P Moitos aínda están un pouco duros para comer, pero según van madurando iremos comendo e durannos moitas semanas.