Novo invernadoiro e enxerto de fatóns

Mercamos un pequeno invernadoiro para sementar as cousas delicadas. É pequeno e manexable pois o plástico deslízase entre os arcos de soporte polo que é doado de abrir e pechar sen que se enganche o plástico.



Chirivías é o primeiro que botamos
O invernadoiro trae un segundo plástico con furados para épocas de máis calor para unha ventilación axeitada.

E como estaba unha tarde de primavera enxertamos unha pugas de fatóns nunha claudieira.
Co coitelo féndese a pola a enxertar (tras facer un corte limpo)


 Métese a puga (tras aplanala) na fenda feita

 

 Qudando tal que así
  



 Envólvese con cinta adhesiva
 
Dous enxertos, espermos que polo menos agarre un



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Tarta de chocolate branco, mango e kiwi - Frabisa

Charlota de amorodos - LarpeirosTVG