Publicacións

Xoaniña traballando

Imaxe
As xudías pilláronme bastante pulgón, pero teño axuda para acabar con el Menuda fartura vai coller! Esta xoaniña  é " voluntaria ", pero hai agricultores que as "contratan" para facer o traballo. http://slideshowes.com/doc/917343/cultivo-de-catarinas-para-el-control-biol%C3%B3gico-de-plagas http://www.criamariquitas.com/

Un par de fotos de hoxe

Imaxe
Xa pronto teremos pementos e tomates e este ano só botamos un par de regos de garbanzos, a ver qué tal saen

Estado de la nación

Imaxe
As patacas están moi bonitas contra abaixo temos unha fabas e millo. O millo é so para que amparen e axuden as fabas. Plantamos outro pouco cebolo (como si houbese xa pouco), pero este é moi bo e non terá duda. Se fose pequeno xa é moi tarde para plantalo.

Flan con leite de coco

Imaxe
Flan con leite de coco A textura é un pouco máis densa, máis compacta, pero non dura. O sabor é igual de suave pero con un aroma un pouco distinto, a coco :D Tamén pan.  Hai que collerlle o punto ao forno.

24 de abril. Horta

Imaxe
Estas son as patacas monalisa que plantamos o día 7 de marzo . E estas as ceboletas e allos. Tamén se ven os chícharos e o semillero coa lechuga (tapado). As flores de unha das pereiras.

Plantamos patacas monalisa

Imaxe
O sábado facía moito frío e viñan trebóns,  pero aproveitamos que facía algo mellor pola tarde e fomos poñer unha caixa de patacas monalisa que son máis ben de cedo. Non quedan tan fondas como se ven na foto, se non a uns 8 ou 10 cm Misturamos folla de carballo con caghallas da granxa dos pitos Non hai que botarllo moi preto porque se non queima a pataca en primeiro plano as caghallas coa folla, e ao fondo Pepe co beso ben, unhas graias de nitramón tamén leva

Domingo de Entroido

Imaxe
Domingo de Entroido Esta semana, primeira de febreiro, aproveitamos un par de tardes boas e comezamos a plantar nas cousas da horta : ceboletas, allos, un rego de chícharos para cedo e espinacas. No domingo celebramos o entroido como merece o xantar Chourizos, orella, touciño da barriga, ... para "endulzar" os grelos. As filloas son as que quedaron de onte Facémolas nos testos do pote E de postre... orellas ! :D