Cea vexetariana moi fácil e en... 25 ou 30 minutos: verduras ao forno. Neste caso o único da nosa horta son os esparragos, as ceboletas, o apio e o tomiño (polo de agora). O resto: boniato, cenorias, chirivía e un pouco de col china (crúa). Un chisco de sal, un chisco de aceite de oliva, un pouco allo picado e pirixel ao final. Media hora escasa de forno e ala! E ben que nos prestou! :P
Publicacións
Rosquillas indecisas
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Rosquillas indecisas Visto en "Fogones tradicionales" (canal cocina, 17/02/13) Ingredientes: 1/4 litro largo de aceite de oliva (mellor virxe extra ) 1/4 litro largo de auga 350 gr. de fariña 1 pico de sal (opcional) 7 ovos Moscatel e sucre (para o baño) Preparación: Poñer a auga, o aceite e a pinga de sal todo xunto nunha pota ao lume ate que fervan. Nese intre engadir a fariña de golpe toda xunta, quitar do lume e rexemer enérxicamente ate que esté ben misturado. Cando esté tépeda a mistura hai que ir engadindo os ovos un a un integrándoos na masa de xeito manual. Feito o anterior, cunha culler fas boliñas coa masa sobre a placa do forno (untada en aceite) ou papel de forno e co dedo untado e aceite fas o buraco central. Meter no forno, que estará moderadamente alto, ate que estén doradas. Deixamos enfríar e bañámolas no moscatel (nun bol) só polo lado superior un par de segundos; retiramos e deixamos uns segundos a que absorba ese viño ...
Tarta de queixo e chocolate
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Rosca e Panetone
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Coa mesma masa desta rosca fixen este panetone con pasas, froitas confitadas,... canto estaba morno estaba como para empachar. Editado: xa que gardei a receita para outros mesteres, aproveito e póñoa aquí, que despois das fotos, era o que faltaba. Ingredientes 200 g de manteiga de vaca cocida 5 ovos medianos 6 culleradas soperas de azucre ralladura de limón 25 g de levadura prensada (de panadería, ou 1 sobre de levadura seca) Sal Fariña de forza (se usas outra fariña non sei como sairá): leva cerca de 1 kg, pero varía. Un pouco leite (medio vaso aprox.) Preparación Ca metade da levadura, un pouco leite templado, un pisco de sal e un par de culleradas de fariña, faise un fermento (moi líquido): déixase activar ben a levadura, que espume (media hora ou así). Recoméndase uso de batidora-amasadora de varillas (a do Lidl, moi sencilla, pode con esta cantidade). No bol da batidora botar os ovos e batelos un pouco (como para tortilla). Eng...
Tarta de marmelo
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Tarta de Marmelo. Vista en Fogones Tradicionales (Canal Cocina) Ingredentes: masa de pan aceite de oliva dous ou tres marmelos un puño de noces sucre fariña Elaboración: Facer a masa como para pan, incluso se lle pode botar un ovo para enriquecela, estirala cos dedos e untada con aceite de oliva nunha placa para o forno. Os marmelos, pelados, limpos e en cuñas. Sobre a masa estirada bótase un pouquiño de aceite de oliva e sucre e por enriba colócanse as cuñas de marmelo. Por enriba repártense unhas noces en anacos. Espolvoréxase un pouco de fariña polas noces para que non as queime o forno. Bótase por enriba de todo outro pouco de aceite de oliva e sucre. Co forno a 180ºC deixase unha media hora ou ate que estexa dourada. Resultado: e aquí máis de pret...
Tartaleta de froitos macerados
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Tartaleta de Froitos Postre moi agradable pois mezcla a textura do bizcoito da base cos diferentes sabores da froita que vas pillando de arriba. Visto en Las Tentaciones de Eva (Eva Arguiñano). Ingredientes Froitas mazá pera pexego en almíbar ananá (mellor natural) mantequilla sucre Base de bizcoito améndoas 20gr. picadas noces 20gr. picadas miúdas 2 ovos 2 culleradas de sucre 20gr. de fariña integral de trigo 1 punta de "royal" sal Elaboración Bater os ovos e o sucre ate que suban e blanqueen. Espolvorexar co baruto (coador) as fariñas e os froitos secos e misturar coa man para que os ovos non baixen. Botar nun papel do forno e repartilo coa espátula e deixandoo non moi gordo. Cocélo durante uns 7 ou 10 minutos a uns 180º. Nunha tixola fundimos a mentequilla e sen esperar a que derrita de todo botamos a froita limpa, pelada (se fose o caso) e picada. Botarlle o sucre e "saltear" a lume medio vivo ate que collan tono brilante ...