Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2019

Horta Marzo 2019

Imaxe
Ola! traio unhas fotos da horta que xa vai collendo xeito. Pulsa na imaxe para vela nun tamaño maior. Ceboletas, allos e cenorias As ceboletas, no plano medio, están moi bonitas e o cebolo que plantamos tamén (abaixo), pero só fará uns dez días que o plantamos. Os allos , na parte superior da imaxe, tamén están moi ben. Vense uns amorodos que trouxemos para renovar as plantas, algún tapados pola manta térmica que lla puxemos principalmente para que os paxaros non levantasen os chícharos. A dereita arriba vense a cenorias, que tamén naceron ben. Chícharos Os chícharos ( guisantes ) de este eito naceron ben e non os levantaron os paxaros porque os tapamos coa rede fina. Romeu unha foto do romeu que está todo florido, e xa as abellas traballan nel. Pexegueiros As árbores de froita de pedra tiveron estas semanas de bo tempo para ter unha boa floración e polinización. Este ano, se non hai froita de pedra, non será porque lle veu mal tempo nestas fechas. Patacas